Introducción ás publicacións científicas |
40 horas |
Obrigatorio |
Selección de referencias bibliográficas relevantes en temas de investigación. Estudo da estrutura e estilo de artigos de investigación científica e técnica. Realizaráse no primeiro ano da tese. |
Elaboración e exposición do Estado da Arte dun tema de investigación |
160 horas |
Obrigatorio |
Selección de referencias bibliográficas relevantes no tema da tese. Comparación crítica e búsqueda de liñas de investigación abertas. Realizarase no primeiro ano da tese. O traballo redactarase en inglés. |
Redacción de textos científicos para o seu envío e/ou participación en congresos ou xornadas técnicas. |
120 horas |
Optativo |
Fomentarase a participación do estudantado en congresos nacionais e/ou internacionais de carácter científico. O estudantado deberá someter os traballos de investigación desenvolvidos á consideración dos comités científicos dos devanditos congresos. |
Asistencia a congresos científicos |
320 horas |
Optativo |
Segundo a duración do mesmo (80 horas). Poden ser 2 ou 3 asistencias a congresos que sumarían 10 días. O alumno planificará esta acción de acordo co seu director e titor, seguindo o seu plan de actividades, e seguindo a normativa da CAPD ao respecto.
|
Publicación de resultados en revistas científicas |
160 horas |
Optativo |
Publicación dos resultados da tese nunha revista científica de prestixio no ámbito da tese. |
Cursos transversais de formación |
240 horas |
Optativo |
Os alumnos da Universidade de Vigo e de Extremadura poderán realizar calquera curso de formación ofertado polas dúas Universidades, e a Comisión Académica poderá validalos para incorporalos ao documento de actividades de Doutoramento. |
Estadías de investigación noutras universidades e institucións de investigación |
160 horas |
Optativo |
Estadía cunha duración mínima de 4 semanas (160 horas como mínimo). O alumno planificará esta acción de acordo co seu director e titor, seguindo o seu plan de actividades, e seguindo a normativa da CAPD ao respecto. |
Realización dun seminario anual |
160 horas |
Obrigatorio |
O alumno presentará os resultados parciais da súa tese delante dos outros alumnos do programa de doutoramento e dos profesores do mesmo, cunha duración de 40 horas cada curso académico. |