Profesor/a titular de universidade
Área de Teoría do Sinal e Comunicacións
Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións
Información de contacto
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Despacho A-020
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 818 671
frdiaz@uvigo.gal
Breve CV
Francisco Javier Díaz Otero obtivo o grao de Enxeñeiro de Telecomunicacións en 1995 na Universidade de Vigo. Posteriormente estudou o bienio de cursos de doutoramento no Departamento de Teoría de Sinais e Comunicacións desta Universidade. Cursou un ano de estancia en Siemens AG en Berlín, no Departamento de Redes de Comunicación Pública, realizando probas sobre sistemas de conmutación óptica WDM SLA 16. Despois desta estancía, tras completar os cursos de doutoramento, desenvolveu a súa carreira profesional durante 16 anos en diferentes empresas do sector TIC como Vodafone, Movistar e en empresas de enxeñería dedicadas á radiocomunicación e a proxectos de despregamento de fibra óptica. En paralelo, comezou a súa actividade de investigación no campo da óptica non lineal e os solitones ópticos. Obtivo o seu doutoramento en 2009. converteuse en Profesor Contratado Doutor da Universidade de Vigo en 2012. Actualmente o seu labor investigador céntrase nos solitones ópticos e a fotónica integrada aplicada ás telecomunicacións e as tecnoloxías cuánticas. Dirixiu máis de trinta e cinco Traballos de Fin de Grao, actualmente dirixe tres teses doutorais no ámbito da fotónica integrada. Participa en dous proxectos europeos sobre accións de innovación en programas curriculares e é investigador principal dunha acción MSCA Marie Curie, un Doutoramento Industrial Europeo, sobre fotónica integrada.
Investigación
Liñas de investigación no programa
- Tecnoloxías avanzadas de Comunicacións Ópticas: dispositivos, sistemas e redes