Profesor/a titular de universidade
Área de Tecnoloxía Electrónica
Departamento de Tecnoloxía Electrónica
Información de contacto
Escola de Enxeñaría Industrial
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 096
alago@uvigo.es
Breve CV
Nacido en Lalín en 1962, Alfonso Lago Ferreiro é profesor titular de universidade da Área de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo. É licenciado en Ciencias Físicas (especialidade de electrónica) co título de grao pola Universidade de Santiago de Compostela (1986) e doutor enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo (1994). Adxunto ao vicerreitor de Ordenación Académica da Universidade de Vigo entre os anos 1995 e 1997, dirixiu o Departamento de Tecnoloxía Electrónica entre os anos 2001 e 2003 e entre 2009 a 2012. Antes de ocupar a dirección da Área de Grao da Universidade de Vigo entre decembro de 2018 e xuño de 2022, foi director da Área de Profesorado entre xuño e novembro de 2018. É membro do panel de expertos para a acreditación de títulos universitarios oficiais de grao e de mestrado da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), do Consello de Coordinación de Docencia Clínica de Galicia e da Mesa Institucional do Proxecto Galicia 2030. As súa actividade investigadora inclúe temas de alimentación conmutadas, control aplicado aos convertedores de potencia, ademais de temas de innovación educativa relacionados cos xogos serios e dixitalización de contidos. Participante na organización de diversos congresos nacionais e internacionais, é coordinador xeral do SAAEI 2012 (Guimaraes) e TAEE 2012 (Vigo), Alfonso Lago é membro sénior do Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE) e formou parte da directiva da súa sección española como coordinador de capítulos (2012-2015), secretario (2016-2017) e vicepresidente (2018-2019). Tamén foi asesor na rama de estudantes do IEEE na Universidade de Vigo.
Investigación
Liñas de investigación no programa
- Convertedores electrónicos de potencia