Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo dispón de conexión inalámbrica á rede interna da Universidade e, a través dela, a internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal, facilitada pola universidade.
Os grupos de investigación recoñecidos no catálogo da Universidade de Vigo ligados ao programa, dispoñen de recursos, materiais e servizos necesarios para desenvolver de forma plenamente satisfactoria o programa de doutoramento que se propón.

A Escola de Enxeñería de Telecomunicación conta con 4 salas para seminarios dotadas de conexión a Internet e proxectores de vídeo. Ademais, está dotada de 3 salas de videoconferencias, útiles para soster reunións da comisión conxunta do programa de doutoramento, composta de maneira equilibrada por profesorado das Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Estremadura.

Polo que respecta á Biblioteca, na Escola de Enxeñería de Telecomunicación existe unha aula de lectura, no edificio de Enxeñerías existe unha gran biblioteca e por último tense a Biblioteca Central Universitaria da UVigo. A esta biblioteca pódese acceder desde a Intranet da Universidade de Vigo, sendo posible o acceso ás bases de datos máis importantes como:
SCI, Compendex, Scopus, Norweb de AENOR, IEEE Xplore, bases de datos de CSIC, WoK, etc.

Así mesmo, é preciso sinalar que a Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo está preparada para o acceso aos diferentes pavillóns que a integran de todas as persoas que teñan algunha discapacidade, contando para iso con plataformas transportadoras e ramplas de entrada.

Equipo nº1

O equipo de investigación número 1 de Enxeñería Electromagnética conta co Laboratorio de Medidas Radioeléctricas que consta de:

  • Cámara anecoica de medidas radioeléctricas de 7x9x7 metros, con instrumentación electrónica para realizar medidas de antenas ata 40 Ghz (sistema esférico con posicionador roll sobre acimut) e ensaios de EMC (inmunidade e emisións radiadas).
  • Cela GTEM para ensaios de EMC (inmunidade e emisións radiadas) e espazo de traballo para ensaios EMC de emisións conducidas.
  • Unidade móbil dotada con sistema de alimentación 220 V AC, mástil telescópico de 12 metros con xiro acimutal de 360º e dous postos de traballo no seu interior.
  • Instrumentación e equipamento para a realización de medidas radioeléctricas, análises de sinal e medidas radar.

Equipo nº4

O equipo de investigación número 4 de Enxeñería de Radio dispón dunha sala limpa de categoría 1:10.000 que consta de:

  • Sala limpa de 16 metros de categoría 1:10.000 certificada para a integración de satélites (segmento espacial) que inclúan cargas útiles ópticas. Dita cámara conta cun sistema autónoma de alimentación (SAI) que permite manter activos o sistema de refrixeración e filtrado durante 5 horas en caso de interrupción da subministración ordinaria de potencia.
  • Antecámara de 16 metros cadrados con zona de cambio de roupa e zona para efectuar medidas remotas de satélites e cargas útiles situadas na zona limpa.
  • Equipamento exclusivos e específicos para a cámara limpa (Osciloscopios, Xeradores, Fontes de Alimentación, Computadores).
  • Estación de soldadura para prototipado rápido de equipos electrónicos.

Equipo nº5

O equipo de investigación número 5 de Enxeñería Mecánica (CIMA), conta con 2 laboratorios de investigación 80 m2 cada un e sala de reunións, dotados con 2 estacións de traballo e 15 postos PC, proxectores, etc.
O equipamento específico de investigación nos laboratorios consta de:

  • Cámara de termovacío para realización de ensaios cunhas dimensións de 3 metros de longo por 1 metro de diámetro.
  • Equipamento para o procesado de fibra de carbono como material de taller e forno de curado de dimensións 40x30x40 cm3.
  • Cámara termográfica FLUKE – modelo Ti25 -, tarxetas de adquisición de datos de National Instrumenst, sondas para medición de temperatura, xogos de galgas extensométricas, etc.
  • Licencias de software para investigación: Solidworks para CAD 3D, e Ansys Academic Research Mechanical v.14 co módulo de materiais compostos, LSDyna para ensaios de dinámica explícita, HyperWorks completo.
  • Cámara analizadora de filmación de alta velocidade KODAK 1000 con gravadora SONY GV-550E e focos de alta potencia (1000 imaxes por segundo e resolución 800×600).
  • Analizador de vibracións Scientific-Atlanta SA-390.

Equipo nº6

O equipo de investigación número 6, de Enxeñería Electrónica, Electrónica de Potencia (CHE-4), conta con 2 laboratorios propios, 1 laboratorio compartido, e 1 sala para reunións e seminarios dotada de conexión a Internet e proxectores de vídeo compartido.
Ademais conta con equipamento específico para os seus proxectos de investigación:

  • Instrumentación xeral
  • Fontes e cargas electrónicas programables
  • Analizador de impedancias
  • Unha cámara climática de temperatura
  • Unha cámara climática temperatura-humidade DYCOMETAL, modelo CCM-25/81
  • Un forno HERAEUS, modelo BR6000
  • Un trazador de curvas Keithley 4200- SCS
  • Un trazador de curvas de potencia Tektronix 371ª
  • Unha cámara termográfica FLIR
  • Un Microscopio estereoscópico LICA, modelo S8 APO
  • Sensores e sistemas de adquisición de datos
  • Bancada de ensaios de convertidores electrónicos de potencia

Equipo nº7

O equipo de investigación número 7 grupo de investigación (Laboratorio de Informática Aplicada) dispón de tres laboratorios propios:

  • Un laboratorio con 6-8 postos de traballo no Edificio Politécnico da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense
  • Un laboratorio con 20 postos de traballo no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) no Parque Tecnolóxico de Galicia (PTG) en Ourense
  • Un laboratorio con 28 postos de traballo no Edificio de Fundición no campus de Vigo

O grupo dispón dun conxunto dunhas 50 estacións de traballo de diferentes características, dúas das cales actúan de servidores. Como dispositivos de almacenamento de datos e copias de seguridade empréganse dous sistemas de 4 Tbyte (tipo RAID con intercambio de discos en quente).
Todos os laboratorios están equipados con conexión de datos de ancho de banda alta cara ao exterior, sistema sen fíos, rede local protexida, pantallas con proxectores correspondentes, impresoras e scaners.

 

Universidade de Extremadura

Na Escola Politécnica do campus de Cáceres na que se sitúa o equipo número 2, da Universidade de Estremadura, disponse de redes sen fíos (rinuex, eduroam) que proporcionan acceso a todos os membros da Comunidade Universitaria proveniente de calquera país europeo. Disponse de sala de videoconferencia, varias aulas dispoñibles para o programa de doutoramento con acceso a internet e proxectores, salón de actos convenientemente equipado para a impartición de conferencias, e despachos para albergar ata 10 alumnos provenientes doutras universidades.

No campus de Cáceres, onde se sitúa a Escola Politécnica, disponse da Biblioteca Central, que conta con 3178 postos de lectura e 277 postos para traballo en grupo. A biblioteca forma parte da Sectorial CRUE-REBIUN e permite o acceso web ás bases de datos máis importantes (Sciencedirect, Nature, Physical Review Journals, IOP Science, Springer, Wiley, IEEE Xplore, Scopus, WoK, CSIC, etc.) mesmo desde fóra do campus.

Merece a pena destacar que a Universidade de Estremadura dispón da residencia V Centenario, situada en Jarandilla de la Vera (Cáceres). Trátase dunha instalación moi adecuada que podería utilizarse para a realización da actividade formativa Realización dun seminario semestral, proporcionando o illamento e o ambiente de traballo intenso propicios durante todos os días necesarios e a un custo moi reducido. Dita residencia dispón de todos os recursos necesarios para o aloxamento e a realización da devandita actividade.

Así mesmo, todas as instalacións da Universidade de Estremadura están acondicionadas para o acceso de todas as persoas que teñan algunha discapacidade, contando cunha Unidade de Atención a Estudantes para atender a todos os estudantes que presenten algún tipo de discapacidade e/ou problema psicosocial grave para garantir a súa plena integración no ámbito universitario.

Equipo nº2

O equipo de investigación número 2 de Enxeñería Electromagnética conta con 2 laboratorios de investigación de 100 m2 cada un, dotados con 15 postos PC, un laboratorio de Radiacións non Ionizantes e Inspección Ultrasónica de 30 m2, unha sala para servidores de computación, dúas salas de traballo acondicionadas para 10 doutorandos e varias salas de reunións convenientemente equipadas.

O equipamento específico de investigación nos laboratorios consta de:

  • Servidores e clústeres de computación: servidor con 4 cores Intel Xeon e 8 GB, servidor con 12 cores Intel Xeon e 192 GB, clúster con 32 cores AMD Ópteron e 64 GB, clúster con 136 cores Intel Xeon e 1.8 TB
  • 8 licenzas educativas do paquete software ADS (Advanced Design System, da empresa Agilent). Licenza de CST
  • Analizador de espectros óptico HP71452 B
  • Amplificador Óptico de fibra dopada con Erbio (EDFA)
  • Fusionadora de fibra óptica
  • Reflectómetro óptico no dominio do tempo (OTDR) para 1.3 e 1.55 micras
  • Analizador de espectros con xerador de tracking 150 kHz 1 Ghz
  • Insoladora para a realización de placas de circuíto impreso
  • Xerador de frecuencia sintetizado (1 Hz-1 Ghz)
  • Analizadores de espectro de laboratorio Agilent E4402 B, e portátil ROHDE & SCHWARZ FSH3
  • Antenas ROD EMCO 3303, LOOP ETS-LINDGREN 6512, biconical PMM BC-01, Log-periodic PMM LP02 e Mini-Bicon ETS-LINDGREN 3180
  • Dosímetro persoal SATIMO EME SPY 140
  • Medidor de campo portátil PMM 8053, sondas EP330 e EP338
  • Analizador de campo NARDA STS EFA200
  • Medidor de campo magnético ELF LAKESHORE mod 413
  • Medidor de campo eléctrico ELF ETS-DINDGREN HI-3604
  • Equipo de impulsos ultrasónicos Krautkramer USM23 LF
  • Equipo de impulsos ultrasónicos Panametrics 5077
  • Equipo de impulsos ultrasónicos Panametrics 5058 PR
  • Transductores ultrasónicos de contacto: 50 kHz-10 MHz range
  • Transductores ultrasónicos de onda tranversal: 50 kHz-10 MHz range
  • Transductores ultrasónicos de inmersión: 100 kHz-10 MHz range
  • Amplificador de alta voltaxe Tegam 2350
  • Xerador de funcións Tektronix AFG3021
  • Sismógrafo GEOMETRICS Smartseis, 12 geófonos
  • Magnetómetro de protones portátil GEOMETRICS G-856AX
  • Gravímetro LaCoste-Romberg mod G
  • Geo-rádar MALA GEOSCIENCE, Antenas apantallada de 500 MHz e non apantalladas de 200 e 50 MHz

Equipo nº7

O equipo de investigación número 7 de Enxeñería Informática conta cun laboratorio de investigación de 42 m2, unha sala para servidores e clústeres de computación de 13 m2, e unha sala polivalente (para reunións e seminarios) compartida. O laboratorio está dotado con 10 postos PC, impresoras, escáneres, proxector, lousa, rede de área local, etc. A sala para servidores e clústeres de computación dispón de instalación eléctrica propia trifásica, SAI (Sistema de Alimentación Ininterrupida) para os servidores, e sistema de refrixeración especializado (para manter a unha temperatura de funcionamento adecuada todos os servidores e clústeres que alberga).
Todos os espazos están equipados con conexión de datos de ancho de banda alta cara ao exterior e conexión wifi.

O equipamento específico de investigación nestes espazos consta de:

  • Clúster de computación para test con 36 cores (procesadores Intel Xeon)
  • Clúster de computación para produción con 320 cores (128 cores con arquitectura Intel Xeon e 192 cores con arquitectura AMD Opteron)
  • 2 servidores que, entre outras funcións, aloxan a distintas web e bases de datos do equipo de investigación
  • Diversas tarxetas con FPGAs para computación reconfigurable, entre as que destacan 2 tarxetas con FPGA Virtex-6, 12 tarxetas con FPGA Virtex-5, 2 tarxetas con FPGA Spartan-6 e 15 tarxetas con FPGA Spartan-3
  • Licenzas de software Xilinx System Edition 14 para deseño de sistemas encaixados baseados en FPGA
  • Licenza de software Impulse-C para codeseño software/hardware
  • GPUs para paralelismo de datos, destacando unha NVIDIA Tesla C2075
  • Sensores inalámbricos tanto da marca Advantic (toda a gama) como Libelium (Waspmote + Meshlium)