Requisitos para a lectura da tese

Los requisitos que o alumno ou alumna debe cumprir para poder defender a tese de doutoramento no Programa de Doutoramento son os seguintes:

  1. Ter superado o proxecto de tese de doutoramento.
  2. Ter publicado, polo menos, un artigo científico nunha revista.
  3. Dispoñer de avaliación positiva de todos os plans anuais de investigación.
  4. Ter o visto e prace da comisión académica.

 

Autorización da tese para a súa defensa

Logo de rematar a elaboración da tese e tras o informe favorable da persoa ou persoas que a dirixen e, no seu caso, do titor/a, o doutorando/a solicitaralle á CAPD a autorización para defendela de acordo co procedemento.

Para iso enviaralle á área académica competente o exemplar da tese e a documentación xustificativa das mencións que non estea xa recollida no sistema.

A escola de doutoramento establecerá o procedemento para verificar que a documentación está completa, que o formato da tese é axeitado e que a orixinalidade da investigación está garantida, para o cal poderá utilizarse un programa antiplaxio.

Unha vez recibida toda a documentación da tese e logo de revisar pola unidade competente que o expediente está completo e correcto, abrirase un período de exposición pública de dez días hábiles en período lectivo.

Cando finalice o período de exposición pública, o órgano designado pola escola de doutoramento valorará a tese tendo en conta o informe da CAPD e as alegacións recibidas, de ser o caso.

Tras a valoración da tese, o órgano designado pola escola de doutoramento decidirá aprobar ou denegar a continuidade dos trámites e asignar no seu caso a área temática de investigación. Despois, valorará o tribunal proposto e aprobarao, e defensa pública realizarase nun prazo máximo de tres meses desde a autorización da defensa, agás as causas debidamente xustificadas.

Tribunal da avaliación

A CAPD, despois de oír o director/a da tese (e/ou de ser o caso, o titor/a), proporá unha relación de sete membros do tribunal para avaliar a tese.

O tribunal encargado de xulgar a tese será nomeado polo órgano designado pola escola de doutoramento entre os/as especialistas propostos pola CAPD e estará constituído por tres persoas titulares e dúas suplentes. Entre os membros do tribunal nomearase un presidente/a e un secretario/a; e todos os integrantes deben cumprir unha serie de requisitos que os faga válidos como avaliadores.

Acto de defensa pública de tese

O presidente/a do tribunal convocará o acto de defensa da tese de doutoramento, e o secretario/a comunicaralle, polo menos con dez días de antelación, o día, o lugar e a hora do citado acto á escola de doutoramento. Esta, á súa vez, informará a CAPD, o/a estudante, o director/a da tese e realizará a publicidade pertinente.

A defensa da tese realizarase nunha sesión pública durante o período lectivo do calendario académico e terá lugar na propia universidade española en que o doutorando/a estivese matriculado ou, no caso de programas de doutoramento conxuntos, nos termos que indiquen os convenios de colaboración.

Os membros do tribunal expresarán a súa opinión sobre a tese e poderán presentar cantas cuestións e obxeccións consideren oportunas, ás que o doutorando/a deberá contestar. Así mesmo, os doutores/as presentes no acto poderán formular cuestións e obxeccións, e o doutorando/a responderá todo isto no momento e na forma que sinale o presidente/a do tribunal.

Calificación da tese

Unha vez finalizada a defensa da tese por parte do doutorando/a, o tribunal emitirá un informe sobre esta e a cualificación global concedida de acordo coa seguinte escala: non apto, aprobado, notable e sobresaliente. O secretario/a do tribunal redactará a acta de colación do título de doutor/a, que incluirá información relativa ao desenvolvemento do acto de defensa e á cualificación.

Se o/a estudante solicitase optar a mención internacional do título de doutor/a, o secretario/a do tribunal incluirá na acta de colación a certificación de cumprimento dos requisitos esixidos. O presidente/a do tribunal comunicará en sesión pública a cualificación.

O tribunal poderá outorgar que a tese obteña a mención de cum laude se a cualificación global é de sobresaliente e se emite en tal sentido o voto secreto positivo por unanimidade.

Doutoramento internacional

Para a consecución do título de doutoramento internacional teñen que concurrir as seguintes circunstancias:

  1. Que durante o periodo de formación necesario para a obtención do título de doutor, o doutorando realizara unha estadía mínima de tres meses fóra de España nunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio, cursando estudos ou realizando traballos de investigación. A estadía e as actividades incorporaranse ao documento de actividades do doutorando.
  2. Que parte da tese de doctoramento, polo menos o resumo e as conclusiónes, se redactaran e presentaran nunha das linguas habituais para a comunicación científica no seu campo de coñecemento, distinta a calquera das linguas oficiais en España. Esta norma non será de aplicación cando as estadías, informes e expertos procedan dun país de fala hispana.
  3. Que a tese fora informada por un mínimo de dous doutores pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española.
  4. Que polo menos un experto pertencente a algunha institución de educación superior ou centro de investigación non española, co título de doutor, formara parte do tribunal avaliador da tese.