Actividade Duración Carácter Descrición
Introducción ás publicacións científicas 40 horas Obrigatorio Selección de referencias bibliográficas relevantes en temas de investigación. Estudo da estrutura e estilo de artigos de investigación científica e técnica. Realizaráse no primeiro ano da tese.
Elaboración e exposición do Estado da Arte dun tema de investigación 160 horas Obrigatorio Selección de referencias bibliográficas relevantes no tema da tese. Comparación crítica e búsqueda de liñas de investigación abertas. Realizarase no primeiro ano da tese. O traballo redactarase en inglés.
Redacción de textos científicos para o seu envío e/ou participación en congresos ou xornadas técnicas. 120 horas Optativo Fomentarase a participación do estudantado en congresos nacionais e/ou internacionais de carácter científico. O estudantado deberá someter os traballos de investigación desenvolvidos á consideración dos comités científicos dos devanditos congresos.
Asistencia a congresos científicos 320 horas Optativo Segundo a duración do mesmo (80 horas). Poden ser 2 ou 3 asistencias a congresos que sumarían 10 días. O alumno planificará esta acción de acordo co seu director e titor, seguindo o seu plan de actividades, e seguindo a normativa da CAPD ao respecto.
Publicación de resultados en revistas científicas 160 horas Optativo Publicación dos resultados da tese nunha revista científica de prestixio no ámbito da tese.
Cursos transversais de formación 240 horas Optativo Os alumnos da Universidade de Vigo e de Extremadura poderán realizar calquera curso de formación ofertado polas dúas Universidades, e a Comisión Académica poderá validalos para incorporalos ao documento de actividades de Doutoramento.
Estadías de investigación noutras universidades e institucións de investigación 160 horas Optativo Estadía cunha duración mínima de 4 semanas (160 horas como mínimo). O alumno planificará esta acción de acordo co seu director e titor, seguindo o seu plan de actividades, e seguindo a normativa da CAPD ao respecto.
Realización dun seminario anual 160 horas Obrigatorio O alumno presentará os resultados parciais da súa tese delante dos outros alumnos do programa de doutoramento e dos profesores do mesmo, cunha duración de 40 horas cada curso académico.